Mañá concentración diante da Xunta en Vigo por un transporte digno para Gondomar

Mañá, martes 23 de outubro, a Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar e o Concello convocan unha manifestación diante da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8). Alí farán entrega por rexistro de todos aqueles apoios recibidos, que polo momento, só nunhas semanas, ascenden xa ás case 1.000 sinaturas. Todas aquelas persoas que aínda teñan sinaturas recollidas, poden achegalas a máis tardar mañá á saída do bus cara Vigo, ás 8:30 na Estación de Autobuses de Gondomar.