
A Comisión de Festas da Virxe da Cela/Carme de Baredo organiza o vindeiro domingo 28 de outubro unha comida baile ás 14:00 horas no Hotel Bahía de Baiona. O menú, cun prezo de 30 euros por persoa, inclúe xamón e queixo manchego, empanadas variadas, mexillóns naturais e vinagreta, gambas orly, mini chourizos ao viño, linguado con patacas ao vapor e guarnición de verduras, xarrete estofado con guarnición, torta de milhoja, viño Ribeiro branco e tinto, café e chupitos. O menú infantil terá un custo de 15 euros e incluirá os mesmos entrantes e sobremesa e milanesa de polo. A velada estará amenizada polo dúo Pros&Ma. Reservas ata o 25 de outubro nos teléfonos 680 424 719, 607 801 782 ou 615 853 643.