Anuncios
Ticker de novas

Os traballadores de Denso e as súas familias reforestan Chandebrito

FOTO: DENSO // Grupo de traballadores de Denso en Chandebrito.

Un grupo de traballadores de Denso e as súas familias reforestaron este sábado pola mañá unha zona de 400 metros cadrados en Chandebrito con 40 carballos para conmemorar o primeiro aniversario dos incendios que o pasado ano arrasaron 455 hectáreas no municipio nigranés, o 99% da superficie verde.

O pasado mes de xuño, Denso Vigo acolleu a celebración do segundo “Green Day”, un acto no que máis de 300 traballadores e as súas familias puxeron en valor a importancia de protexer o medio ambiente e, en especial, o coidado dos montes. Durante o Green Day os máis pequenos plantaron en macetas os 40 carballos cos que están reforestando esta zona de Chandebrito.

Denso Vigo contou coa colaboración da Comunidade de Montes de Chandebrito para a reforestación deste sábado na que os nenos participaron activamente.

Anuncios