Os socialistas de Baiona elixen a Carlos Gómez como candidato á alcaldía

A Agrupación Socialista de Baiona elixiu este venres a Carlos Gómez Prado como candidato ás eleccións municipais de 2019 co apoio unánime da militancia, polo que non foi necesario recorrer a un proceso de primarias internas. Desta forma, o Partido Socialista encara as próximas eleccións cun proxecto de equipo e de futuro para todos os baioneses e baionesas, tal e como anticipou o agora xa oficial candidato á alcaldía de Baiona.