Anuncios
Ticker de novas

Máis de 140 mozos e mozas participaron na IV Xuntanza Discapaci-Quad

Máis de 140 mozos e mozas con diferentes discapacidades físicas e psíquicas de 11 entidades do sur da provincia de Pontevedra participaron este sábado na IV Xuntanza Discapaci-Quad Val Miñor, unha iniciativa da Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís e o Moto Club ATV Distrito XVIII de Baiona, contando coa colaboración das Comunidades de Montes de Santa Cristina da Ramallosa e Baíña, e a Deputación de Pontevedra.

Trátase dun evento co único obxectivo de achegar o mundo do quad ás persoas discapacitadas. Ao longo da mañá, os rapaces e rapazas do Centro Juan María, San Rafael, Cogami, San Xerome, Apamp, Alento, Aspanaex, Amencer, San Francisco, Vontade e Esclavas de Mos gozaron dunha ruta en quad de máis de 2,5 quilómetros pola contorna de Chan da Lagoa. Xa pola tarde, despois da comida, participaron en multitude de xogos. Este ano, como novidade, tamén contaron coa presenza da Garda Civil e dos Bombeiros de Vigo, que ofreceron unha exhibición.

Participaron un total de 15 ATV, 5 deportivos e 4 minis e os seus respectivos pilotos provenientes de toda Galicia.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios