Anuncios
Ticker de novas

Nigrán continúa este venres e sábado coa programación do “Mes do teatro”

FOTO: TEATRO DO AR // O grupo de teatro tras a estrea de "Naufraxio".

O Concello de Nigrán continúa este venres ás 21:00 horas no Auditorio Municipal coa programación do “Mes do teatro” coa representación de “Marionetas”, do grupo local Teatro do Ar (inicialmente programárase ás 20:00 horas). Ao día seguinte, sábado 20 e no mesmo escenario pero ás 20:00 horas, actuará o grupo “Rosalía de Castro” de Vigo con “Os vellos non deben namorarse”. O ciclo finalizará o sábado 27 coa “A xesta vermella”, de Borreiros (Gondomar), coa obra “Pola culpa de Gayoso”. Todas as representacións son de balde ata completar o aforamento.

Anuncios