Anuncios
Ticker de novas

Nigrán suspende a andaina polo futuro parque forestal Táboas-Os Matos

O Concello de Nigrán vén de informar que ante a persistencia da choiva a andaina prevista para esta tarde polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas, situado entre as parroquias de Camos e Chandebrito, queda suspendida. A vaga de lumes do 15 de outubro de 2017 cebouse precisamente nesta contorna onde se creará o primeiro parque forestal do Val Miñor, espazo que se estenderá ao longo e ancho de 42 hectáreas na zona común de Os Matos, nas ribeiras do río Táboas, e que dá orixe ao principal río do Concello, o Muíños.

Anuncios