Anuncios
Ticker de novas

Novas interrupcións da subministración eléctrica en Gondomar por traballos de mellora

Unión Fenosa informa de posibles interrupcións da subministración eléctrica este domingo 14 de outubro en Gondomar, entre as 7:00 e as 11:00 horas aproximadamente, pola realización de traballos de mellora e mantemento na rede de distribución.

Os lugares afectados serán Morgadáns: lugares San Roque, Gulfar, Gondomar, Raposeiras, Padróns, Hervillas, Batizosa, Viño, Guillufe, Xende, Avelosa, Pedra, Camiño Branco, Entreviñas, Lago, Gonda, Queimaliños, Carballas, Carballeira, Picouso, Baralla. Chaín: lugares Fouco, Mourisca, Igrexa, Pintor, Castelo, Loureiro, Pedrouco, Rogodagua, Torre, Paraboa. Mañufe: Sequiñas, Louredo, Torreira. Peitieiros: lugares Fonte, Area, Gándara, Peroleira. Couso: lugares Boucia, Bastida, Fonteiriñas, Laxes, Bandeiriñas, Terra do Rei, Vacarias, Rúa Manuel Gonda Pérez, Feira, Camiño Chapurra, Portela, Pedreira, Torre, Aldea A Fraga. Gondomar: Ameixeira, Rúa Eduardo Iglesias, Camiño Ameixeira a Cotro. C.T. Particulares: 36P742 (Rochela-Gondomar), 36PZ79 (Peroleira-Gondomar).

Unión Fenosa lembra que estas liñas considéranse en tensión polo que a subministración pode repoñerse en calquera momento. Está prohibido manipular as redes de distribución a toda persoa non autorizada. Para calquera dúbida ou consulta está dispoñible o teléfono de atención ao cliente: 900 111 999.

Anuncios