O vindeiro luns día 15 de outubro desde as 9:00 da mañá, inícianse as obras de canalización de servizos na Rúa Mariñeiro, que estará cortada ao tráfico durante dous meses aproximadamente.
A Rúa Mariñeiro, na que non se poderá estacionar durante o tempo que dure a obra, cortarase desde o seu acceso pola Estrada pola Vía, sentido Panxón, ata o cruzamento coa Rúa Jesús Espinosa, só permitindo o acceso exclusivo aos veciños que residan no tramo mencionado e desde Jesús Espinosa ata o Colexio Público Integrado de Panxón.
As obras realizadas pola empresa Bcnor, incluirán a substitución e ampliación da canalización de servizos da Rúa Mariñeiro, polo que resulta imprescindible o corte de tráfico completo na mesma, pola apertura total da calzada para a realización dos traballos.
Os condutores que circulen pola Estrada pola Vía e desexen acceder á zona de Panxón, poderán facelo alternativamente, por Rúa Costa da Barxa ou Avda. de Castelao e en igual caso á inversa.

