Anuncios
Ticker de novas

Baiona acolle os actos do Día da Hispanidade

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Acto do Día da Hispanidade en Baiona.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, a Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Baiona, celebra na Real Vila o Día da Hispanidade, que terá lugar este venres 12 de outubro a partir das 17:45 horas coa recepción das autoridades civís e militares convidadas na Praza do Concello, desde onde sairá a comitiva acompañada pola Banda de Música de Baiona.

Xa no monumento “Encontro entre dous Mundos”, ás 18:15 comezará o acto institucional, coas intervencións do alcalde de Baiona, Ángel Rodal, o Cónsul de Filipinas en Galicia, David García Pena, en representación do Honorable Corpo Consular Acreditado en Vigo, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

A continuación, pecharase o acto coa ofrenda de coroas e a interpretación dos Himnos de Galicia e España por parte da Banda de Música de Baiona. Xa no Parador Conde de Gondomar servirase un viño galego de confraternidade.

Anuncios