Así será o programa de Jesús Calleja gravado no Val Miñor

A mediados de outubro de 2017, Galicia sufriu unha das maiores catástrofes forestais das últimas décadas, con máis de 200 focos de incendios activos de forma simultánea. O lume arrasou bosques, casas, fábricas e, mesmo, vidas humanas. Unhas das zonas máis afectadas foron as comarcas do Val Miñor e Baixo Miño, en Pontevedra. O equipo de “Volando Voy”, coincidindo co aniversario un ano despois desta catástrofe ambiental, desprazarase á zona para escoitar os testemuños dos seus habitantes e cumprir unha dobre misión de prevención de incendios e rehabilitación de terras devoradas polas chamas. Este domingo, ás 21:30 horas en Cuatro.

Jesus Calleja axuntará forzas cos habitantes de Chandebrito para plantar un bosque con máis de mil árbores autóctonas. Na praza do pobo coñecerá a Eva, unha vinteañera que logrou gravar as chamas e sobrevivir á catástrofe. Xunto a Calleja, subirá ao helicóptero e narrará desde o aire o inferno que viviu atrapada na estrada. Tarsy Carballas, experta membro do CSIC, tamén conversará co aventureiro leonés e explicará as graves consecuencias deste tipo de catástrofes.

As chamas dos incendios do ano pasado foron tan voraces que chegaron á costa. Kike, mozo mariñeiro, contará como viviu este fatídico episodio e como afectou o seu traballo. Tamén se subirá ao helicóptero de Calleja e emocionarase xunto ao presentador ao contemplar a costa desde o aire. O alcalde de Nigrán, Juan González e o seu fillo Juan tamén explicarán como sufriron a catástrofe desde a distancia por circunstancias persoais.

Por último, e para terminar de concienciar sobre os perigos do lume, o programa contará co testemuño de Rosa, a única bombeira da zona e unha das seis que hai en toda Galicia, que explicará ao aventureiro os pasos para seguir no caso de que presenciemos un incendio.