VII Andaina pola Protección da Serra do Galiñeiro

A Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro organiza o vindeiro domingo 21 de outubro a VII Andaina Serra do Galiñeiro Parque Natural. Trátase dunha ruta circular con saída ás 10:30 e chegada ás 15:00 horas na Ermida das Neves, cunha lonxitude aproximada de 10 km, un nivel de dificultade medio baixo, con carreiros fáciles con poucos tramos de desnivel. Ademais haberá unha ruta alternativa de só 6 km. Recoméndase levar calzado e roupa cómoda e auga e comida para o final da andaina. Ao finalizar terá lugar a lectura do manifesto a cargo do renomeado alpinista Sechu López. Haberá bocadillos, churrasco, luras, etc. para quen queira comprar alí. Para reservar hai que chamar a algún dos teléfonos 986 064 802, 620 554 932 ou 607 362 465.