Anuncios
Ticker de novas

O Baíña FS desprázase a Santiago para unha xornada de convivencia e formación

Xornada de convivencia e formación en Santiago para a base do Baíña Fútbol Sala. O próximo 13 de outubro os equipos benxamín, alevín, infantil e cadete do Baíña desprazaranse a Santiago de Compostela para vivir unha xornada de convivencia co club Santiago Futsal, unha das mellores canteiras de España e que conta con adestradores de primeiro nivel.

Pola mañá xogaranse partidos de todas as categorías, pola tarde os equipos visitarán distintos espazos da capital galega. A xornada está aberta a pais, socios e afeccionados do club que queiran vivir unha xornada especial cos xogadores de base. A saída será ás 8:00 do Parador de Baiona e o regreso sobre as 19:00 horas. Dous autobuses repletos de baiñistas e simpatizantes, dos cales quedan 20 prazas para acompañantes nun deles.

Para apuntarse chamar antes do mércores ao mediodía ao coordinador de base Daniel, no teléfono 617 902 730.

Anuncios