Anuncios
Ticker de novas

Cuatro emite o domingo o programa de “Volando Voy” gravado no Val Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Gravación de "Volando Voy" en Chandebrito.

Cando se cumpre un ano dunha das maiores catástrofes forestais que sufriu Galicia nas últimas décadas, Cuatro emite o domingo ás 21:30 horas o programa “Volando Voy”, presentado por Jesús Calleja, gravado o pasado mes de xuño no Val Miñor e Baixo Miño.

Máis de 200 focos de incendios estiveron activos de maneira simultánea provocando vítimas mortais e destruíndo bosques, casas e fábricas. Unhas das zonas máis afectadas foron as das comarcas do sur da provincia de Pontevedra. Jesús Calleja e o equipo de “Volando Voy” viaxaron a estas comarcas cun dobre obxectivo: mostrar que pode facer a tecnoloxía na prevención e loita contra os incendios e plantar un bosque con máis de 1.000 árbores autóctonas en Chandebrito, unha das zonas máis afectadas polos incendios.

Testemuñas desta catástrofe ambiental como Eva, unha moza que logrou salvar a súa vida; dous anciáns que viviron moi de preto o inferno, e Rosa, a única bombeira do Val Miñor e unha das 6 bombeiras que hai en toda Galicia serán protagonistas desta nova entrega. Para saber máis sobre incendios, Jesús tamén falará con Tarsy Carballas, experta membro do CSIC, que achegará datos sobre como afectan os incendios non só á vexetación, senón tamén ao chan e ao seu futuro.

Anuncios