Anuncios
Ticker de novas

Detido un veciño de Nigrán por conducir de maneira temeraria, ebrio e agresión

A Policía Local de Vigo detivo o sábado a YC.M.N., home de 32 anos de idade nacido en República Dominicana e con domicilio en Nigrán, por condución temeraria, agresión e conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

Os axentes circulaban ás 1:50 horas en funcións de prevención pola rúa Reconquista cando observaron como un turismo Peugeot 2016 circulaba coa música moi alta, zigzagueando, e como pasaba o semáforo en fase vermella na confluencia con Policarpo Sanz, polo que decidiron seguir ao vehículo.

Na confluencia das rúas Velázquez Moreno con Policarpo Sanz, o condutor volveu saltarse o semáforo en fase vermella, momento no que os actuantes activaron os luminosos do vehículo indicando ao seu condutor que detivese o turismo, pero este tratou de fuxir circulando polo centro da calzada e invadindo por completo o carril de circulación contrario, continuando zigzagueando pola Avenida de García Barbón, obrigando aos demais condutores a orillarse cara á dereita para evitar unha colisión.

Os actuantes nun momento dado adiantaron ao vehículo colocándose diante do mesmo, freando o coche policial brevemente en varias ocasións para obrigar ao Peugeot a reducir a velocidade, ata que provocaron a súa detención. O condutor presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas, polo que solicitaron a presenza da Unidade de Atestados para a realización das probas pertinentes.

Mentres tanto os Policías solicitaron ao condutor que se identificase, pero este nun primeiro momento negouse, volvéndose cada vez máis violento, braceando, chegando a empuxar a un dos compoñentes para logo tentar golpealo, polo que os axentes víronse obrigados a reducilo ofrecendo esta gran resistencia activa.

Finalmente, xa máis acougado, accedeu a realizar a proba de alcoholemia, a cal deu un resultado positivo de 0,70 e 0,62 miligramos de alcol por litro de aire expirado, superando o límite penal establecido, sendo detido por un delito contra a Seguridade Viaria.

Anuncios