O Baíña FS arranca a campaña de socios e socias para esta tempada

O Baíña arrancou a campaña de socios e socias para esta tempada. O club baionés xa conta con máis de 250 socios de número, moitos deles familiares dos xogadores e tamén moitos veciños e veciñas do pobo ou arredores que queren colaborar desta maneira co club de fútbol sala e apoiar o deporte de base federado.

Este ano o ser socio do Baíña FS terá máis vantaxes que en anos pasados, xa que se farán moitos descontos ou promocións especiais en negocios da zona e tamén se farán descontos nas ceas do club e en determinados eventos que a directiva organiza como excursións ou festas. En decembro entre todos os socios sortearase como sempre unha cesta de Nadal. Por outra banda o carné de socios inclúe o participar os martes e venres no sorteo de Euro-Millóns.

O ser socio do club custa 15 euros todo o ano, coa oferta especial de carné familiar co custo de 20 euros para dúas persoas. Para facerse socio pódese contactar directamente con calquera directivo do club ou pasarse no horario que xoga o Primeiro Equipo polo Pavillón Municipal de Baiona. Alí a directiva terá listo unha caseta para dar de alta aos novos socios ademais da venda de produtos do Baíña FS tales como bufandas, pulseiras ou camisetas.