Baiona acolle un concerto solidario de Virandeira a favor de Bai Senpulgas

O Auditorio V Centenario de Baiona acolle este sábado 6 de outubro o concerto benéfico “A música móstranos o camiño” en favor da Protectora de Animais Bai Senpulgas. O evento, que conta coa colaboración do Concello de Baiona, comezará ás 22:30 horas con entrada gratuíta.