Anuncios
Ticker de novas

128 maiores participan na excursión á Illa de Arousa organizada polo Concello de Nigrán

Un total de 128 maiores participan hoxe na excursión á Illa de Arousa organizada polo Concello de Nigrán para os xubilados empadroados no municipio. O grupo, acompañado todo o día do edil Alfonso Vázquez e do alcalde na comida, saíu esta mañá cedo dende a Casa Consistorial a bordo de tres autobuses.

Pola mañá foron recibidos pola alcaldesa de Cambados e visitaron o barrio mariñeiro de San Tomé, as ruínas de Santa Mariña e a Praza de Fefiñáns, a continuación partiron cara a Illa de Arousa para comer na brasería A Salga. Xa pola tarde visitaron o pobo, o Centro de Interpretación da Conserva, Mirador Con do Forno e o Faro de Punta Cabalo. O prezo desta viaxe foi de de 15 € incluíndo transporte, seguros, guía e xantar.

O Goberno local de Nigrán entende que viaxar “non só serve para descubrir lugares novos, senón que achéganos moitísimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención”.

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, “porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializan e, en definitiva, os fai sentir máis felices e vitais”.

Anuncios