Anuncios
Ticker de novas

Unha vintena de actividades conforman a Programación Cultural de Outono de Gondomar

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Motomagosto A Cento Cien.

O concello de Gondomar inicia a súa Programación Cultural de Outono este venres 5 de outubro coa Exposición “Galicia América” e rematará o 1 de decembro co IV Memorial Secundino Pérez San Román. Ao longo deste outono, Gondomar contará con case unha vintena de actos programados dende o Concello. “Hai actividades para tódalas idades e para tódolos gustos, dende exposicións e obras de teatro, a concertos e mostras literarias”, sinalou Nuria Lameiro, concelleira de Cultura.

Así, poderemos gozar este outono da I Semana Poética dedicada a Victoriano Taibo, concertos entorno á celebración do 35 Aniversario do Conservatorio Elemental de Gondomar, obras de teatro como “Elisa e Marcela”, “Lolo e Mamá”, “Entre Soños” e “Raclette”, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, e cabe destacar tamén, a presentación de “Perdido?”, un conta-contos inclusivo en lingua de signos e lingua oral, o documental “Crónicas de Silencio y Sal”, que xunto coa VIII edición do Motomagosto forman entre outras a programación outonal.

Anuncios