Sin categoría

Sufocado un incendio forestal na Ramallosa

Na tarde deste martes declarouse un incendio forestal nunha leira privada da Cabreira, na parroquia nigranesa de San Pedro da Ramallosa. Na súa extinción participou o GES do Val Miñor e bombeiros forestais, que mobilizaron dúas motobombas, tres brigadas, unha delas semitransportada, e dous helicópteros. O lume, ao parecer provocado por unha queima descontrolada, afectou a unha superficie de 2.000 metros cadrados. Nestes momentos a Consellería do Medio Rural mantén a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais tendo en conta as condicións meteorolóxicas actuais e as previsións para os próximos días.