Anuncios
Ticker de novas

Jesús González Maestro, primeiro escritor en presentar o seu libro na nova Biblioteca de Baiona

O vindeiro mércores, 3 de outubro, ás 19:00 horas, Jesús González Maestro, teórico da literatura, editor e profesor universitario, presentará o seu libro na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona. O recentemente rehabilitado edificio Sancti Spiritus será testemuña da conferencia-coloquio, presentada pola Directora da Biblioteca Municipal e Arquivo Histórico de Baiona, Cristina Vilar, do profesor Maestro, quen abrirá unha nova etapa de presentacións literarias, diálogos, charlas e conferencias coa presentación do seu libro “El origen de la Literatura. ¿Cómo y por qué nació la literatura?”.

Anuncios