Anuncios
Ticker de novas

Os socialistas piden que os concelleiros de IxG abandonen as súas actas tras incorporarse a Cidadáns

Os socialistas de Gondomar piden coherencia ao novo equipo político de Cidadáns. Instan os concelleiros Manuel Gómez, Javier Gregores e Beatriz Fernández, que unha vez incorporados ao novo partido de Cs, abandonen as actas do partido IxG e pásense ao grupo dos non adscritos.

“Coherencia, decencia, honestidade, sinceridade e transparencia ante os cidadáns de Gondomar. A incorporación dun declarado tránsfuga, Manuel Gómez, ao novo equipo político de Cidadáns, non é o mellor exemplo para un partido que fixo en España desta cuestión, o transfuguismo, unha bandeira”, sinalan os socialistas.

“Só falta que nas primarias que han de convocar propóñano como candidato, xa sería de broma e unha tomadura de pelo aos gondomareños”, conclúen.

Anuncios