Pablo Ania e Laura Quetglas gañan a proba reina do Campionato de España de Pádel Surf

Tras unha emocionante saída, un centenar de deportistas participaron esta tarde na proba reina do Campionato de España de Pádel Surf. Pablo Ania chegou en primeiro lugar cun tempo de 1’24″40. O deportista do Club Pádel Surf Burriana era un dos favoritos. O segundo e terceiro lugar foron para Rafa Sirvent, do Club Párres Water Sports de Santa Pola, e Quique Hurtado, do Mar Balear.

Na categoría feminina Laura Quetglas fíxose co ouro. A deportista do Mar Balear fixo un tempo de 1’33″56. A nigranesa Esperanza Barreras chegou en segundo lugar. A galega adestra na actualidade no Club Onexe de Forteventura. En terceiro lugar chegou Sonia Hurtado, do Mar Balear. Unha das favoritas, a tamén galega Marta Abruñedo, do Club Galego de Surf de Nigrán fíxose co cuarto posto.

Mañá domingo, o Campionato de España de Pádel Surf celebrará as carreiras técnicas das categorías absolutas, as probas de Longa Distancia sub-18 e as semifinais e finais de Sprints Open. A partir das 17:00 horas terá lugar a entrega de premios de todas as probas disputadas ao longo do Campionato.

Dentro da súa programación de lecer, amenizará a sesión vermú o música Disco de Dj Fonkid (Under the Ball).

Domingo, 30: Domingo, 30:
09.15 Reunión competidores todas as categorías
10.00-10.20 Semifinais C. Técnica Mas Open
11.00 Apertura zona Market, food trucks e barra Mahou 10.30-10.50 Final Carreira Técnica Femenina Open
11.00-11.20 Final Carreira Técnica Masculina Open
12.30  Sesión Vermú Dj FONKID (Under The Ball) 11.30-12.45 Sub-18 Longa Distancia Feminina
13.00-14.00 Sub-18 Longa Distancia Masculina
15.20-16.00 Semifinais Sprints Open Femininos e Masculinos

16.10-16.30 Finais Sprints Open

17.00 Entrega de premios