O Baíña FS recibe ao Verín na terceira xornada da liga preferente

FOTO: BAÍÑA FS // Guillermo Balboa, máximo goleador do equipo "amarelo" compartindo adestramentos cos máis pequenos do club.

O Baíña Fútbol Sala recibe ao Verín na 3ª xornada da liga preferente. Este domingo a partir das 17:00 horas no Pavillón Municipal de Baiona poderase ver un dos mellores partidos da liga galega, o equipo local este ano dirixido por Javier Merino recibe ao Verín, colíder da liga e un dos mellores equipos de Galicia, herdeiros do famoso Estreliña que nos anos 90 xogou nas ligas máis altas. Os locais veñen de gañar en Tui por 2 goles a 4 nun partido moi disputado e esperan este domingo lograr o primeiros tres puntos ante a súa afección.

Durante o descanso do partido realizarase un concurso de puntería e xogos con premios para todos os nenos e nenas participantes, ademais os directivos do Baíña poñerán un pequeno posto para venda de pulseiras, bufandas e dar á coñecer a campaña de «socios» que o club está a organizar e que xa conta con máis de 150 abonados, os cales terán moitos descontos en eventos do club e en moitos locais e negocios da zona.