Comeza o Campionato de España de Pádel Surf

FOTO: CONCEPWORKS.ES

Hoxe sábado, 29 de setembro, comezan as probas do Campionato de España de Pádel Surf dentro do Salitre Fest. A proba reina, a Longa Distancia, comezará as 17:30 cun percorrido total de 14 quilómetros e reunirá a máis dun centenar de deportistas. Os mellores clasificados da proba pasarán a formar parte da selección española do Mundial de Paddlesurf que se celebrará en China.

Paralelamente, Salitre Fest continuará coa súa programación de lecer cunha sesión vermú a cargo de DJ Tom e o concerto, ás 21:30, da banda tudense Best Boy. Liderada por Ángel Sánchez e Lucas Fernández, a súa música parte do blue grass, o funk clásico, o pop ou o soul da Motown.

PROGRAMACIÓN PROGRAMACIÓN DEPORTIVA
Sábado, 29: Sábado, 29:
11.00 Apertura Zona Market, food trucks e barra Mahou

12.30 Sesión vermú DJ Tom

21.30 Escenario Woodtown: Concerto Best Boy

 08.00-09.00 Confirmación inscricións e dorsais Sub 18

9.00 Reunión competidores Sprints Sub 18

10.00-11.30 Sprints Sub 18

10.00-12.00 Confirmación inscricións e dorsais Open

14.30-17.00 Sprints Sub-18

16.30 Reunión competidores Longa Distancia Open

17.30-19.30 Carreira Larga Distancia  Open