Continuando coa comercialización de chan, o Comité Executivo de Zona Franca celebrado hoxe presidido por David Regades aprobou a venda dunha parcela no parque empresarial de Porto do Molle á entidade Instalaciones Navales Montajes Industriales, S.L., na mazá 6 da área Industrial por un importe total de 213.000 euros máis IVE. Este parque empresarial acolle xa a 120 empresas e apenas ten dispoñible para novas instalacións un 10% da súa superficie.
Nesta sesión tomaron posesión dos seus cargos os novos vogais do Estado, Manuel Rodríguez Vázquez e Ana María Mejías Sacaluga, e tamén, como vogal municipal, fíxoo María José Caride Estévez en substitución do propio David Regades.

