Anuncios
Ticker de novas

A Xunta mantén a súa firme aposta pola consolidación e mellora dos GES

A Xunta mantivo hoxe unha reunión da comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais, onde manifestou a súa aposta por seguir consolidando e mellorando a posta en marcha deste servizo de emerxencias que presta un servizo fundamental, especialmente nas zonas rurais e nos pequenos concellos.

No seo da reunión de seguimento dos convenios dos GES, a Xunta presentou a súa proposta de financiamento paritario coas Deputacións, de acordo co marco competencial existente, e sen prexuízo do financiamento que asuman os concellos. Ademais, en relación ás funcións, acordouse, revisar as que se atopan recollidas no convenio actual, garantindo en todo caso, que as mesmas estean relacionadas coa prevención e atención ás emerxencias.

Por parte da Xunta asistiron a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias; o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor e o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto. Por parte da Fegamp, asistiron o presidente Alfredo García e representantes das Deputacións provinciais.

Anuncios