Anuncios
Ticker de novas

O Concello de Baiona e o Club Ciclista Vigués poñen en marcha unha Escola de Ciclismo

A Concellería de Deportes de Baiona e o Club Ciclista Vigués poñen en marcha o próximo 24 de outubro unha Escola de Ciclismo, dirixida a nenos e nenas de 6 a 16 anos. As súas actividades estarán orientadas, fundamentalmente, a buscar nos seus alumnos unha mellor integración e igualdade social, o reforzo da autoestima, da solidariedade e do afán de superación, e unha contribución importante á súa formación integral, tratando de reportarlles os máximos beneficios psícico-físicos.

As clases desenvolveranse os mércores en horario de 16:00 a 18:00 horas en Sabarís ata o 29 de maio de 2019. O prezo da matrícula é de 35 euros incluíndo seguro e a cota mensual de 15 euros (de novembro a maio). Máis información e inscricións no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona, teléfono 986 356 558, correo electrónico deportes@baiona.org, ou no Club Ciclista Vigués, teléfono 627 352 558, correo electrónico ccvigues@yahoo.es.

Anuncios