Anuncios
Ticker de novas

Silvia Marcote, subcampioa galega de percorridos de bosque

Este domingo celebrouse o XI Campionato Galego de percorridos de bosque 2018, organizado polo Club Arqueiros do Barbanza na contorna da “Capela de San Alberto”.

A proba contou coa participación dun total de 70 arqueiros, entre eles os baioneses Silvia Marcote, Benjamín Carneiro e Aarón Carneiro, integrantes do Club Meigarco.

Silvia conseguiu o subcampionato galego sénior, repetindo subcampionato de liga, en arco recurvo instintivo muller. Benjamín Carneiro foi terceiro, cunha excelente actuación a pesar da súa curta idade, e Aarón Carneiro terminou en cuarta posición, ambos en categoría Sub-14 sen visor.

Na categoría Sub-14 sen visor gañou o Campionato Galego o tomiñés Adrián Millán, tamén do Club Meigarco, cunha excelente puntuación. O subcampionato foi para Daniel Rivas, do Club Arqueiros do Barbanza, con outra moi boa actuación.

20180924_005733

Anuncios