Anuncios
Ticker de novas

Detidas catro persoas por un roubo con forza nunha empresa de Nigrán

A Policía Local de Nigrán, en colaboración coa Garda Civil de Baiona, detivo na mañá do domingo a catro homes de nacionalidade española, un deles menor de idade, cando se atopaban realizando un roubo nas instalacións dunha empresa situada en Nigrán.

Unha chamada telefónica anónima, puxo en coñecemento do feito aos axentes, que solicitarían posteriormente a colaboración da Garda Civil, e nunha actuación conxunta coordinada, procederon á detención de catro persoas e a incautación do vehículo que utilizaban para subtraer o material.

Os detidos por un presunto roubo con forza, foron trasladados ás dependencias da Garda Civil de Baiona, sendo postos posteriormente a disposición xudicial, xunto coas dilixencias instruídas.

Foi fundamental a colaboración cidadá, xa que grazas ao aviso evitouse o roubo que se estaba producindo.

Anuncios