Anuncios
Ticker de novas

Gondomar abre a inscrición para as Escolas Deportivas Municipais e da Deputación

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Tenis de mesa.

A Concellería de Deportes do Concello de Gondomar abre o luns, día 24 de setembro, o prazo de inscricións para as Escolas Deportivas Municipais e da Deputación para o curso 2018/2019. As clases, que comezarán os próximos 15 de outubro (Deputación) e 2 de novembro (Municipais), están dirixidas a todo o mundo, preferentemente aos empadroados no municipio. Un ano máis, o Concello de Gondomar amplía a as súas escolas deportivas, grazas á importante colaboración da Deputación de Pontevedra e dos clubs da comarca.

As modalidades ofertadas por parte da Deputación de Pontevedra, de carácter gratuíto e dirixidas a nenos/as de 5 a 15 anos, son as escolas deportivas de Patinaxe, Judo, Balonmán, Fútbol e Baloncesto. Por parte do Concello, as modalidades ofertadas, dirixidas tamén na maioría dos casos a alumnos entre os 5 e 18 anos, son Iniciación ao deporte (esta para nenos de 4 a 6 anos), Deportes en grupo, Taekwondo, Tenis, Tenis de mesa e Ximnasia de mantemento para maiores de 18 anos.

O custo das escolas municipais será de 67,39 € para o curso completo, existindo bonificacións para alumnos da mesma unidade familiar. Para inscribirse e recibir máis información deberase achegar ao Pavillón Municipal a partir do 24 de setembro en horario de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Unha vez cuberto o número previsto de alumnos/ as por actividade, considérase pechada a matrícula. Teléfonos 986 360 305/608 748 393.

Anuncios