Sin categoría

Conferencia de Ángel Pérez sobre Karl Marx na Ramallosa

Con motivo do segundo centenario do nacemento do filósofo alemán Karl H. Marx, o luns 24 de setembro ás 18:30 horas Ángel Pérez Fernández, profesor de filosofía xubilado, impartirá unha conferencia no Mercado da Tía Ni da Ramallosa (Avda. de Portugal, 35) co título «Introdución ao pensamento de K. Marx».

Ángel Pérez Fernández foi profesor de filosofía de Instituto. Colaborou durante anos co grupo ENXERGO de Didáctica da Filosofía, sendo coautor de varios libros de texto no apartado de filosofía política. É autor dun ensaio sobre Marcuse e outro sobre Spinoza. Actualmente colabora con artigos en Nova Peneira.