Anuncios
Ticker de novas

O Tríatlon Desafío Illas Cíes obriga a pechar ao tráfico a Estrada pola Vía

A Policía Local de Nigrán informa que este domingo día 23 de setembro o tramo da Estrada pola Vía entre a rotonda de Prado e A Ramallosa permanecerá pechado ao tráfico entre as 8:30 e as 14:00 horas aproximadamente pola celebración do Tríatlon Desafío Illas Cíes.

Para evitar a circulación pola Estrada da Vía, solicítase aos cidadáns que residan nela busquen rúas alternativas. Rógase así mesmo aos veciños que se absteñan de utilizar o vehículo particular para saír das súas vivendas. En caso de urxencia ou necesidade extrema deberán poñerse en contacto coa Policía Local.

Os filtros de entrada e saída serán nas rotondas de Mariñeiro e Castelao, rotonda de Rans, só de entrada á zona marítima, e o cruzamento de Francisca Lago con subida a Monte Lourido, só de saída da zona marítima. Para calquera dúbida ou aclaración hai que dirixirse á Policía Local, a través do teléfono 696 440 390.

Anuncios