Anuncios
Ticker de novas

A Misión Val Miñor-Baixo Miño de “Volando Voy” xa se promociona en Cuatro

Mostrar zonas rurais que loitan contra o despoboamento; unir á poboación local cun proxecto común que supoña unha mellora para os veciños; concienciar sobre a importancia de preservar a fauna e as contornas naturais e gozar das impresionantes paisaxes da xeografía española desde o voo dun helicóptero acompañado polos auténticos protagonistas, os habitantes da zona: esta é a esencia de “Volando Voy”, programa presentado por Jesús Calleja que estreará nova tempada en Cuatro este domingo 23 de setembro ás 21:30 horas con novas localizacións e misións, unha delas no Val Miñor e Baixo Miño, gravada o pasado mes de xuño.

No outono de 2017, Galicia sufriu unha das maiores catástrofes forestais das últimas décadas. Máis de 200 focos de incendios estiveron activos de maneira simultánea provocando vítimas mortais e destruíndo bosques, casas e fábricas. Unhas das zonas máis afectadas foron as das comarcas do Val Miñor e Baixo Miño. Jesús Calleja e o equipo de “Volando Voy” viaxarán a estas comarcas cun dobre obxectivo: mostrar que pode facer a tecnoloxía na prevención e loita contra os incendios e plantar un bosque con máis de 1.000 árbores autóctonas en Chandebrito, unha das zonas máis afectadas polos incendios.

Testemuñas desta catástrofe ambiental como Eva, unha moza que logrou salvar a súa vida; dous anciáns que viviron moi de preto o inferno, e Rosa, a única bombeira do Val Miñor e unha das 6 bombeiras que hai en toda Galicia serán protagonistas desta nova entrega. Para saber máis sobre incendios, Jesús tamén falará con Tarsy Carballas, experta membro do CSIC, que achegará datos sobre como afectan os incendios non só á vexetación, senón tamén ao chan e ao seu futuro.

Anuncios