Anuncios
Ticker de novas

A Xunta concede preto de 15.000 euros en axudas a clubs deportivos de Baiona

A Secretaría Xeral para o Deporte resolveu a última convocatoria de axudas a entidades deportivas galegas e outorgou preto de 15.000 euros en subvencións a clubs deportivos do Concello de Baiona. “Nove entidades recibiron apoio económico da Xunta para o fomento de actividades deportivas. É unha aposta máis da Xunta de Galicia polo noso municipio”, declarou o Alcalde, Ángel Rodal.

As relacións de clubs deportivos beneficiarios na zona inclúen ao Baíña Fútbol Sala, ao Erizana CF, Monte Real Club de Yates de Baiona, Club de Bolos Estivada, Club Baloncesto Baiona, Club de Loita de Sabarís, Club de Bolos Portameán, Club de Bolos A Rega e á Asociación Club de Bolos Belesar-Urgal. Unhas axudas que oscilan entre os 500€ e os 4.000 €.

A Xunta repartiu en Baiona un total de 14.714,15 € entre 9 entidades deportivas. Hai que lembrar que se trataba dunha convocatoria non competitiva, polo que se concederon axudas a toda aquela entidade que o solicitou.

Anuncios