Anuncios
Ticker de novas

O CB Nigrán quenta motores co Torneo Estudantes e o III Memorial Paco Araujo

Os equipos do CB Nigrán quentan motores participando en diferentes eventos este fin de semana. A primeira cita será o sábado en Pontevedra, onde acudirá co seu equipo Cadete Feminino para participar no torneo organizado polo Club Estudiantes e no que tamén participará o Xuven de Cambados e o CLB de Vilagarcía. Os catro equipos cruzaranse en diferentes encontros ao longo de todo o día no Pavillón da Xunqueira. Pola mañá terán lugar as semifinais e xa pola tarde disputaranse o terceiro e cuarto posto e a continuación a final.

A segunda cita terá lugar tamén o sábado en horario de tarde no Pavillón de Navia en Vigo onde acudirá co seu equipo Alevín Vermello para participar no torneo de minibasket que o Celta Feminino organizou dentro da programación do III Memorial Paco Araujo. Os equipos participantes neste torneo serán Salesianos, PBB, Allariz e Apóstol ademais do Celta e CB Nigrán.

O club ten xa a todos os seus equipos traballando nos adestramentos que se desenvolven tanto no Pavillón Municipal como no CPI Aquitecto Palacios de Panxón para preparar a tempada que comezará de forma progresiva para as diferentes categorías. Os primeiros en saltar á cancha serán os Sénior, que o farán a partir da próxima semana, seguidos polo Júnior Feminino, detrás do cal se irán sumando o resto de categorías ata chegar á categoría Baby.

Esta é outra tempada ilusionante para o CB Nigrán que segue sumando novos equipos cada tempada, estreándose este ano co Júnior Feminino.

Anuncios