Anuncios
Ticker de novas

Festas da Virxe da Merced en Chaín

A parroquia gondomareña de Chaín celebra este fin de semana as festas na honra da Virxe da Merced. O sábado 22 ás 22:00 horas haberá unha cea baile amenizada polo grupo de gaitas do Centro Cultural “A Merced” de Chaín e o trío Manu Pereyra. O domingo 23 a partir das 21:30 horas o grupo Aramio amenizará a verbena. O luns 24 pola mañá a Banda de Música Cultural de Arcade ofrecerá un pasarrúas e un concerto ás 11:45 e ás 14:00 horas. Ás 12:00 comezará a Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica “A Merced” de Chaín, seguida de procesión. Pola noite, ás 21:00 horas, a orquestra Miramar amenizará a verbena.

Anuncios