Anuncios
Ticker de novas

Aberto o prazo de matrícula para a Aula de Teatro de Baiona

FOTO: NON SI? TEATRO // Romance de Micomicón e Adhelala.

A Aula de Teatro de Baiona-Teatro do Grilo abre o prazo de matrícula para o curso 2018/2019. As clases, que comezarán en outubro e estarán impartidas por Mónica Sueiro, desenvolveranse no Auditorio V Centenario.

  • Non Si? Teatro, Luns de 16:30 a 19:30 horas.
  • Obradoiro de Interpretación (Adultos), Luns de 19:30 a 21:30 horas.
    * Posibilidade de facer grupo pola mañá de 11:00 a 13:00 horas.
  • Teatro Miúdos (Nenos e nenas de 6 a 10 anos), Martes de 16:30 a 17:30 horas.
  • Maxín Teatro (Nenos e nenas de 11 a 15 anos), Martes de 18:00 a 20:00 horas.
  • Monográficos, Martes de 20:00 a 21:30 horas.
    Falar diante do público (De outubro a xaneiro).
    Teatro Lido (De febreiro a xuño).

Máis información no correo electrónico monicasueiro@gmail.com ou chamando ao teléfono 638 186 112.

Anuncios