Anuncios
Ticker de novas

Unha obra da artista viguesa afincada en Nigrán Paula Santomé gaña o IV concurso IDC

O vindeiro venres 21 de setembro Paula Santomé presenta en Vigo a súa obra gañadora da IV edición do concurso de arte contemporánea que celebra o Instituto Dental Campos.

Co obxectivo de apoiar a arte e aos novos artistas, o Instituto Dental Campos organiza desde 2014 o concurso de arte contemporánea IDC. Desta forma axuda a promover a cultura na cidade de Vigo.

Este venres 21 de setembro ás 20:30 horas a gañadora da última edición presenta a súa obra na clínica de Vigo. O seu proxecto “Adaptacións a unha contorna urbana, Vigo” manifesta, a través do equilibrio e a sinxeleza na execución, o modo no que a artista quere relacionarse co mundo.

“Neste proxecto exploro o vínculo que a diario establecemos co espazo social, o como nos adaptamos ao que nos rodea, e que expreso mediante micro-accións espontáneas que poden ser entendidas como unha síntese do que en realidade, como seres sociais, facemos cada día”, comenta Paula Santomé, artista viguesa afincada en Nigrán.

Esta obra, “Adaptacións a unha contorna urbana, Vigo”, forma parte dun proxecto maior, composto de numerosas series fotográficas, correspondendo cada unha a unha cidade diferente.

Anuncios