
Este fin de semana celebráronse na localidade lucense de Xove os Campionatos de España de veteranos de bolo celta. Participaron un total de 26 xogadores das comunidades de Asturias, Galicia e Madrid. O xogador gondomareño José Rodríguez revalidou o título de campión de España conseguido o ano anterior.
Os resultados finais foron os seguintes:
CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL DE VETERANOS
Campión: JOSÉ RODRÍGUEZ do club de Bolos Mañufe de Gondomar.
2º clasificado: JOSÉ VILLAMARÍN do club de bolos Mañufe de Gondomar.
3º clasificado: ALBERTO GONZÁLEZ do club de bolos San Cibrán de Gondomar.
4º clasificado: MANUEL GONZÁLEZ do club de bolos Belesar Urgal de Baiona.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VETERANOS POR PARELLAS
Campións: MANUEL GONZÁLEZ e PEDRO LAGO de bolos Urgal e bolos Estivada (Baiona).
2º clasificados: MARCELINO RODRÍGUEZ e URBANO SOTELO de bolos Xove (Lugo) e bolos Camos (Nigrán).
3º clasificados: ANTONIO MENÉNDEZ e SANTOS PRADO de Centro Asturiano (Madrid) e bolos San Miguel (Gondomar).
4º clasificados: JOSE VILLAMARÍN e ALFREDO CAMPO de bolos Mañufe (Gondomar) e Centro Asturiano (Madrid).
CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL DE SUPER VETERANOS
Campión: ANTONIO MENÉNDEZ do Centro Asturiano de Madrid.
2º clasificado: JOSE RAMÓN MARTÍNEZ do club de bolos Portameán de Baiona.
3º clasificado: BONIFACIO GONZÁLEZ do club Calleras de Tineo (Asturias).
4º clasificado: REGINO VELASCO do club Central Lechera Asturiana de Tineo (Asturias).
Desde a Federación Galega agradecen ao club de bolos Xove a axuda recibida durante todo o fin de semana na organización destes campionatos.

