Anuncios
Ticker de novas

O CPA Gondomar sobe ao podio a tres dos seus cinco representantes no Campionato Galego

FOTO: CPA GONDOMAR // Os representantes do club no Campionato Galego.

O Pavillón Municipal de Caión, na Laracha, provincia da Coruña, acolleu este sábado o Campionato Galego Benxamín-Infantil de Patinaxe Artística 2018, no que o Club de Patinaxe Artística de Gondomar tivo a súa representación en diferentes categorías, conseguindo subir ao podio a tres dos seus cinco patinadores, cun segundo posto e dous terceiros.

Os novos patinadores saíron a pista con gran entrega, demostrada nos seus programas curto e longo, nos que lograron manter a súa puntuación e alcanzar así o seu posto no Campionato Galego, clasificándose para o próximo Campionato de España. Na categoría Alevín, Joel Ribeiro foi segundo, Lola Álvarez terceira, Sara Ferreira cuarta e Ainhoa Vidal sétima. Na categoría Infantil, Sofía Costas finalizou en terceira posición.

Os duros adestramentos, enerxía e tesón que caracteriza aos integrantes deste club levounos a clasificarse na Coruña, onde se atoparon apoiados polo seu adestrador David Figueroa.

Anuncios