Anuncios
Ticker de novas

María Castro dálle o “si quero” a José Manuel Villalba en Baiona

FOTO: JVLANDÍN/ATLÁNTICO // A parella no Parador de Baiona.

A actriz viguesa María Castro celebra estes días en Baiona unha voda de tres días. Tras ser recibida o venres no Concello para despois desprazarse ata a contorna da Virxe da Rocha xunto con convidados, veciños voluntarios e usuarios do Centro Juan María para axudar na reforestación da zona tras os incendios de outubro coa plantación de 100 carballos autóctonos, o sábado chegou o momento cume, a cerimonia.

O lugar elixido para o enlace foi a capela do Parador, onde lle deu o “si quero” ao seu noivo, o bailarín valenciano José Manuel Villalba, ao que coñeceu cando ambos traballaban na serie “Vivo Cantando” de Antena 3 e co que ten unha filla en común, Maia, de 2 anos de idade. Vestida con traxe branco de pescozo halter, corte princesa e unha pequena cola, o pelo recollido cun veo e un ramo campestre, foi acompañada ao altar polo seu pai. O noivo luciu traxe escuro e camisa branca.

Tras a cerimonia, a parella recibiu a choiva de pétalos de flores coa “ Muiñeira de Chantada” de fondo. Entre os 170 invitados apenas houbo caras coñecidas, só a actriz Miren Ibaguren e a súa parella, o director Alberto Caballero. As mesas dos comensais estiveron dedicadas a películas de cine. O domingo, a “reboda” será nas Illas Cíes, onde pasarán o día cos invitados, degustando produtos da terra.

Anuncios