Anuncios
Ticker de novas

Alberto Meira afronta esta semana o Rallye Ourense Ribeira Sacra

Alberto Meira desprázase esta semana a Ourense, para disputar un novo compromiso dentro do Campionato Galego de Rallies. en que o piloto de Vincios ocupa a segunda posición provisional. O Rally Ourense Ribeira Sacra comezará o vindeiro venres, co preceptivo trámite das verificacións, así como cun tramo nocturno situado en Castro de Beiro, moi preto do centro urbano de Ourense. Con todo o auténtico prato forte chegará ao longo do sábado, en que se disputarán oito tramos cronometrados, principalmente situados na contorna de Luintra, localidade que é un ano máis o auténtico epicentro da carreira.

O ano pasado, a participación de dous pilotos xaponeses, apoiados nada menos que polo equipo oficial de Toyota no Mundial, resultou a gran novidade dun rally onde Alberto Meira pelexou pola vitoria desde un primeiro momento, escapándoselle no último momento por mor da rotura dun palier. Este ano, co coche revisado e sen presenzas exóticas, Alberto espera poder discutir a vitoria ante os R5 dos coruñeses Senra e Caamaño, teoricamente os seus principais adversarios para loitar polo primeiro posto.

En teoría, esta será a sétima e antepenúltima cita do Galego de Rallies, antes de acudir ás dúas probas lucenses do calendario: O Rally San Froilán e o Comarca da Ulloa.

Para seguir o rally

VENRES 21 SETEMBRO
Verificacións de 12:00 a 16:30
Zona de asistencia situada no Parque Empresarial de Luintra
Saída do rally desde o Parque Empresarial de Luintra a partir das 19:05
Tramo A (Carnes Marabú) en Castro de Beiro ás 20:00

SÁBADO 22 SETEMBRO
Inicio 2ª etapa ás 8:00 desde o Parque Empresarial de Luintra
Tramo B (Superfuel) entre Maceda e Baldrei ás 9:05 e 11h55
Tramo C (Castadón Gasocentro) entre San Miguel e Luintra ás 10:00 e 12:50
Tramo D (Rest. Os Carafio) entre Caxide e Cerreda ás 16:55 e 19:50
Tramo E (Roferourense) entre Vilanova e Luintra ás 17:40 e 20:35
Fin do rally ás 21:05 no Parque Empresarial de Luintra

Resultados en directo en… www.temposfga.eu

Anuncios