Anuncios
Ticker de novas

O sénior do Baíña inicia a liga ante o campión

O equipo sénior preferente do Baíña comeza a súa andaina na liga ante o campión. O equipo que este ano dirixe Javier Merino recibe ao Lume de Vigo este domingo ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de Baiona. O novo equipo baionés mantén o bloque que o pasado ano conseguiu a permanencia e ademais contará coas incorporacións de Guillermo, López, Samuel e César. No descanso do partido se rifará unha cea para dúas persoas no Gastrobar Queimada de Baiona. Tamén este fin de semana comeza o equipo Sub 23 do Baíña, que se despraza a Vigo para xogar ante o Pecheches.

Anuncios