Baiona acollerá entre o 28 e o 30 de setembro o Salitre Fest, o maior evento nacional de paddlesurf. Na súa primeira edición, Salitre Fest contará, ademais de co Campionato de España de Paddlesurf, cunha programación paralela de lecer, con concertos e zona de food trucks, barra de Mahou e market.
O festival arranca o 28 de setembro coa apertura da zona de lecer e o concerto de La Chata Soul, ás 21.00 horas. O sábado 29 será cando comecen as probas deportivas que reunirán aos mellores deportistas de España de paddlesurf, en todas as categorías. Pola mañá, terán lugar os Sprints das categorías júnior, nas que participarán uns 50 deportistas. Ás 12.30 animará o Salitre Fest, a música de Dj Tom. Pola tarde, será a quenda das probas da categoría absoluta co Campionato de España de Longa Distancia, un percorrido total de 15 quilómetros que transcorrerá nunha hora e corenta minutos, aproximadamente, e que reunirá a máis dun centenar de deportistas. Mentres se dispute esta proba, que levará aos deportistas a realizar un percorrido pola baía de Baiona, ata As Estelas; a praia da Ribeira acollerá unha competición de crossfit. Os mellores clasificados da proba de Longa Distancia pasarán a formar parte da selección española do Mundial de Paddlesurf que se celebrará en China. A xornada culminará co concerto da banda tudense Best Boy (Premio Maketón 2017).
O domingo, 30 de setembro, volverán ser as categorías júnior as que disputen o Campionato de España de Longa Distancia cun percorrido de 3 e 8 quilómetros. Ese mesmo día está previsto que se celebren as semifinais e finais da Carreira Técnica así como os Sprints Open, feminino e masculino. A música do domingo poñeraa o Dj set FONKID (Under the ball), durante a sesión vermú.
En total, Salitre Fest congregará a máis de 150 deportistas, entre os que se atopan a mallorquina Laura Quetglas, flamante campioa de Europa e bronce mundial; os tamén internacionais Pepe Oltra, Román Freijo, Jurgui Zulaika, Rafael Sirvent ou Pablo Ania, e a viguesa Marta Abruñedo.
Na zona market estarán marcas relacionadas co deporte como WoodTown, Somos Océano, Cromoly, Bay Prints, Nautigal ou StarBoard. A Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte da Universidade de Vigo ocupará dúas carpas onde se realizarán estudos antropométricos aos deportistas.
Segundo o director de Salitre Fest, Coque Araújo, este é o quinto ano que Baiona acolle o Campionato de España de Paddlesurf, pero “nesta edición queriamos sumar ao deporte unha celebración vinculada á vida saudable e o mar”.
Nos últimos anos, o paddlesurf xa superou as cifras do surf. O número de persoas que o practica en todo o mundo é de 3,2 millóns fronte aos 2,3 do surf. Segundo Coque Araújo, “a modalidade está a crecer en todas as escolas e estacións náuticas. Nos últimos tres anos ese crecemento mundial reflectiuse tamén aquí e converteuse nun deporte de práctica habitual sobre todo durante o verán”. “A idade ideal para iniciarse neste deporte son os oito anos”, engade.
Para achegar máis este deporte ao público xeral, a organización do Campionato de España de Paddlesurf decidiu que todas as probas deportivas saísen da praia da Ribeira, bordeando o paseo de Baiona, de modo que os asistentes ao festival poidan gozar da competición.
| PROGRAMACIÓN | PROGRAMACIÓN DEPORTIVA |
| Viernes, 28: | Viernes, 28: |
| 17.00-20.00 Confirmación inscripciones y entrega dorsales | |
| 18.00 Presentación y test de material 2019 | 18.00 Presentación y test de tablas Starboard 2019 a cargo de Waira |
| 18.00 Apertura zona Market, food trucks y barra Mahou | 18.30 Vuelta reconocimiento circuitos de competición |
| 21.00 Escenario Woodtown: concierto La Chata Soul | |
| Sábado, 29: | Sábado, 29: |
| 08.00-09.00 Confirmación Inscripciones y entrega dorsales Sub 18-16-14-12 | |
| 09.30 Reunión competidores Sprints Sub 18-16-14-12 | |
| 10.00 Sprints categorías Sub 18-16-14-12 | |
| 11.00 Apertura zona Market, food trucks y barra Mahou | 10.00-12.00 Confirmación Inscripciones y entrega dorsales Open-Amateur |
| 12.30 Sesión vermú Dj Tom | |
| 16.30 Reunión competidores Open y Amateur | |
| 17.30 Salida Larga Distancia Open y Amateur | |
| 21.30 Escenario Woodtown: Concierto Best Boy | |
| Domingo, 30: | Domingo, 30: |
| 08.30 Reunión competidores Sub 18-16-14-12 | |
| 09.00 Salida Larga Distancia Femenina Sub 18-16-14-12 | |
| 11.00 Apertura zona Market, food trucks y barra Mahou | 10.30 Salida Larga Distancia Masculina Sub 18-16-14-12 |
| 12.00 Semifinales Carrera Técnica Masc. Open (2 Mangas, 1 vuelta) | |
| 12.30 Sesión Vermú Dj FONKID (Under The Ball) | 12.30 Final Carrera Técnica Femenina Open (2 vueltas) |
| 13.00 Final Carrera Técnica Masculina Open (2 vueltas) | |
| 14.30 Sprints Open Femeninos y Masculinos | |
| 17.00 Entrega de premios Campeonato de España y 525 Aniversario |

