Anuncios
Ticker de novas

O 4LL: o futuro da vela adaptada feito en Nigrán

Coincidindo coa celebración do IV Vertiatlón Solidario, o estaleiro de Nigrán Rompeolas Boats presentará no Monte Real Club de Yates una das súas últimas creacións, o 4LL, un novo modelo de barco adaptado colectivo e integrador para persoas con discapacidade deseñado polo ferrolán Javier Cela. Con 7 metros e medio de eslora e case 2 metros e medio de manga, o 4LL é un barco estable, seguro e fácil de manexar, que facilita a embarcación e navegación de persoas en cadeira de rodas e a transferencia das mesmas ás cadeiras de navegación existentes dentro do propio barco. Tras a súa presentación ao público en Baiona, alumnos da Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates serán os primeiros en poder gozar do novo barco nas augas da baía de Baiona.

2018-09-13 - Presentación del IV Vertiatlón Solidario - Foto © Rosana Calvo -5

Anuncios