Gondomar acolle a LXXX Exposición Monográfica de Pastor Alemán

O Real Club do Can de Pastor Alemán, coa colaboración da Concellería de Turismo de Gondomar, organiza do 14 ao 16 de setembro a LXXX Exposición Monográfica de Pastor Alemán. Haberá adestramentos, probas, charlas, exhibicións, exposicións e actividades para nenos.

O programa previsto comezará o venres 14 con adestramentos oficiais da proba Körung a partir das 19:00 horas no campo de fútbol municipal de As Gaiandas.

O sábado 15 ás 9:00 da mañá serán as probas de Körung e Resistencia con Herr Torsten Kopp e de TSI con Antón Rey Vila, tamén no campo de fútbol municipal de As Gaiandas. Pola tarde, ás 16:30 horas, haberá un seminario de “Alimentación do can” con Jesús Muñoz Martínez (Veterinario Arion en Galicia) na sala de conferencias do Centro Neural. Ás 18:00 horas, Leticia Lama Pérez, Antón Rey Vila, Jose Enrique Pena Lourido e Miguel Mouta García mostrarán o adestramento civil para cans, ás 19:00 horas, terá lugar unha exhibición de adestramento IPO, e ás 19:30 unha exhibición do servizo cinecolóxico da Garda Civil de Pontevedra, as tres actividades no campo de fútbol municipal de As Cercas. Ás 22:00 horas celebrarase unha cea de confraternización no Pazo da Escola.

O domingo 16 ás 9:30 da mañá comezará a exposición monográfica no campo de fútbol municipal de As Gaiandas e haberá actividades e xogos para nenos e nenas a cargo da “Vocalía de Xuventude” do Real CEPPA Galicia.

Anuncios