Anuncios
Ticker de novas

Curso de hixiene e atención socio sanitaria organizado por Cruz Vermella en Baiona

Cruz Vermella, a través do seu Plan de Emprego, impartirá en Baiona do 1 ao 25 de outubro de 9:00 a 14:00 horas un curso de “Hixiene e Atención Socio Sanitaria” de 150 horas coa realización de 60 horas de prácticas non laborais e posibilidade de contratación en colaboración coa empresa Idades, SL.

As inscricións poden realizarse en Cruz Vermella Pontevedra (R/ Padre Gaite, 5), no teléfono 986 85 21 15 ou no correo electrónico pontevedra@cruzroja.es, ou Cruz Vermella Vigo (R/ Teófilo Llorente 8), no teléfono 986 42 36 66 ou a través do correo electrónico vigo@cruzroja.es.

A atención ás persoas maiores e dependentes representa unha das máis importantes oportunidades laborais para os próximos anos.

Anuncios