Anuncios
Ticker de novas

XI Concentración de Vehículos Clásicos do Val Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Club de Clásicos e Populares Val Miñor organiza o vindeiro domingo día 28 de maio a “XI Concentración de Vehículos Clásicos do Val Miñor”, que este ano se realizará na Praza de San Benito de Gondomar, entre as 9:30 e as 11:30 da mañá. Desde aí os participantes partirán nunha ruta percorrendo diversas localidades do Val Miñor para rematar no Retaurante Lugar, de Viladesuso (Oia), onde tras a habitual comida de confraternización, finalizará o evento.

Ademais de socios do Club de Clásicos e Populares Val Miñor, á concentración asistirán socios de diversos clubs de Galicia, así como unha representación do Clube Gondoclássicos, de Gondomar (Portugal), co que a Vila Condal está irmandada.

As inscricións pódense realizar ata o 24 de maio cubrindo o formulario e enviándoo despois xunto o xustificante de pago ao correo info@clasicosvalminor.com.

Anuncios