Anuncios
Ticker de novas

Convocan unha concentración en Gondomar pola mala xestión da piscina mancomunada

Este venres 14 de setembro ás 19:00 horas está convocada unha concentración pacífica que terá lugar na Praza do Concello de Gondomar para protestar pola mala xestión da empresa encargada das instalacións e a deficiente supervisión da Mancomunidade. Os organizadores fan un chamamento á participación de todos os usuarios e veciños.

Segundo confirmaban este mesmo mércores os usuarios, as máquinas xa empezaron a chegar. A sala de spinning xa está operativa con novas elípticas e cintas, repintaron algunhas zonas e tamén cambiaron o polémico chan de goma, aínda que o pegaron encima do vello, está irregular e as pesas rebotan. Os baños, percheiros, cables, etc. seguen como estaban.

“Quedan moitísimas cousas por reparar”, aseguran, pero tamén animan aos usuarios a volver á instalación. “Non esquezamos que o obxectivo de todo isto é facer que nos vaiamos para o seu centro de Sabarís e utilizar esta instalación pública é a mellor forma de defendela. Tamén empezaron as actividades. Lembrade que a matrícula é gratis este mes de setembro”.

Plataforma

Tamén anunciaron a constitución dunha plataforma de usuarios, polo que están a terminar de recompilar todas as reclamacións. Está prevista a convocatoria dunha reunión o vindeiro luns para estudar as medidas que van tomar.

Anuncios